INICIO
Biografía
AS "COUSAS"
Se eu fose autor
Onde hai un cruceiro
Unha rúa nun porto lonxano
Chámanlle a "Marquesiña"
O "Rifante"
Aínda eu non nascera
Dous vellos que tamén...
Aínda está no areal
Na "cova dos carcamáns"
Cando eu era rapaz
MÁIS "COUSAS"


BIOGRAFÍA

Alfonso Ruiz CastelaoAlfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista.

Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa prfesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia.

A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no periodismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica.

Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.