INICIO
Biografía
AS "COUSAS"
Se eu fose autor
Onde hai un cruceiro
Unha rúa nun porto lonxano
Chámanlle a "Marquesiña"
O "Rifante"
Aínda eu non nascera
Dous vellos que tamén...
Aínda está no areal
Na "cova dos carcamáns"
Cando eu era rapaz
MÁIS "COUSAS"


DOUS VELLOS QUE TAMÉN TIVERON MOCEDADE

Dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron arnándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xilgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.

Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.

"¡Deica logo, Eleuteiro!"Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro:

-¡Deica logo, Eleuteiro!

E os veciños que acudiran ó espeutáculo taparónse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o "deica logo Eleuterio" xa se convirteu en motivo de risa.

Todos, todos, se riron e ninguén se decata con que delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno.