INICIO
Biografía
AS "COUSAS"
Se eu fose autor
Onde hai un cruceiro
Unha rúa nun porto lonxano
Chámanlle a "Marquesiña"
O "Rifante"
Aínda eu non nascera
Dous vellos que tamén...
Aínda está no areal
Na "cova dos carcamáns"
Cando eu era rapaz
MÁIS "COUSAS"


COUSAS

En 2000, con motivo do 50º aniversario da morte de Castelao, a Editorial Galaxia recopilou as meirandes obras do xenial escritor A portadae pintor de Rianxo.

Daquelas, eu non tiña coñecementos de Internet, así que agora únome a aquela lembranza tratando de dar a coñecer un pouco máis esta obra absolutamente fundamental na creación de Galiza como país e na procura da igualdade e da liberdade.

Os seus contos, se é que poden chamarse así, caracterízanse po-la ironía profunda, po-la retranca coa que busca os responsables da situación de pobreza que afectaba á Galiza do seu tempo.

Como dí a edición de Galaxia na súa contraportada "En Cousas está o Castelao mais xenuino e universal, o orixinal intérprete dun pobo que atopou no escritor rianxeiro unha voz capaz de expresalo con sinxeleza e fondura. Publicado por vez primeira en 1926, este libro é un clásico non discutido da literatura galega".