INICIO
Biografía
AS "COUSAS"
Se eu fose autor
Onde hai un cruceiro
Unha rúa nun porto lonxano
Chámanlle a "Marquesiña"
O "Rifante"
Aínda eu non nascera
Dous vellos que tamén...
Aínda está no areal
Na "cova dos carcamáns"
Cando eu era rapaz
MÁIS "COUSAS"


CHÁMANLLE A "MARQUESIÑA"

A " Marquesiña"Chámanlle a "Marquesiña" e os seus peíños endexamais se calzaron.

Vaí á fonte, depelica patacas e chámanlle a "Marquesiña".

Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a "Marquesiña".

Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a "Marquesiña".

A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.

¡E aínda lle chaman a "Marquesiña"!