INICIO
Biografía
AS "COUSAS"
Se eu fose autor
Onde hai un cruceiro
Unha rúa nun porto lonxano
Chámanlle a "Marquesiña"
O "Rifante"
Aínda eu non nascera
Dous vellos que tamén...
Aínda está no areal
Na "cova dos carcamáns"
Cando eu era rapaz
MÁIS "COUSAS"


NA NOITE DA DERRADEIRA NOVENA DE DIFUNTOS

Na noite da derradeira novena de difuntos a eirexa estaba ¡nzada de medos.

En cada vela [e]scentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban os rapaces e facíanlles carantoñas.

Cada luz que o sancristán mataba era unha ánima acesa que se desfacía en fíos de fume e todos sentíamo-lo bafo das ánimas en cada vela que morría.

Dende entón o cheiro da cera traime a lembranza dos medos daquela noite.

0 abade cantaba o responso diante duha caixa chea de ósos e no intre de fina-lo "paternóster" daba comenzo o pranto.

O enxamio de mulleres ceibaba laídos abrouxadoresCatro homes adiantábanse apartando mulleres enlouquecidas de door e cunha rnan erguían o ataúde e coa outra empuñaban unha facha.

A procesión tiña remate no osario do adro. Os catro homes levaban o ataúde pendurado a rentes do chan e a facha deitada pingando cera por riba dos ósos. Detrás seguía o enxamio de mulleres ceibando laídos abrouxadores, moito máis arrepiantes que os do pranto nun enterro de afogados. E se as mulleres carpían, os homes esbagullaban calados.

Naquela procesión todos tiñan por quen chorar e todos choraban.

E aínda choraba Baltasara, unha rapaza criada pola caridá de todos que aparecera dentro dun queipo, a carón dun cruceiro, que non tiña pai nin nai nin por quen chorar; mais ela foi collida polo andacio do pranto e tamén se desfacía carpindo con tódolos folgos.

Camiño das casas unha veciña inquireu da rapaza:

-¿Por quen chorabas, Baltasara?

I ela dixo, saloucando:

-¿0 non ter por quen chorar parécelle pequena desgacia, señora?