|
EU NON TEÑO MÁGOA DO PICARIÑO
Eu non teño mágoa do picariño que
mira con ollos encalmados de boi cando os automóbiles pasan pola
súa porta. Eu non teño door do picariño que non corre
detrás dos autornóbiles. Fame que pase o picariño,
sempre será feliz.
Eu
teño mágoa do rapaz que sinte formigueiros nos pés
cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu teño
door do pícaro que corre detrás dos automóbiles.
Os rapaces inquedos que andan probando as súas forzas en tódalas
máquinas non encherán os seus anceios de felicidade.
Os rapaces da miña terra corren sempre detrás
dos automóbiles.
|