![]() |
| |
Se a ponte vella falase, atestiguar podía o que vou contarvos: Era unha rapaza branca e bonita como unha filla de rei. Pola súa endebleza e o seu porte fidalgo fixérona costureira e tódolos anoiteceres pasaba pola ponte vella e cruzábase sempore co estudante de crego. Boas tardes, Rosa. Boas tardes, Pedro. Ela viña da costura; el tornaba do latín. E olláronse de pasada tantas veces na ponte vella que cando Pedro entrou no Seminario, xa levaba un amor no peito. O inverno foise e Pedro chegou do estudo e viña ardendo por ver a Rosa. O namorado sentábase tódolos anoiteceres na ponte vella, en espera... A costureira branca e bonita xa non andaba na costura e ó topárense nalgún camiño, ela agachaba a cara no seu pano i el poñíase a morrer. Un día edro escoitou, co corazón trubado, unha conversa na ponte. Aquela cariña tan feita trocouse nunha carantoña que pon medo. Xa seu pai viña de xentes marcadas con cruz no libro da parroquia, e que non pensen en curala... O que che ten a probiña é o mal de San Lázaro. A noite daquel día pechouse para Pedro coma se se pechasen tódalas portas do mundo. Agora é un abade moi vello e moi santiño, que se senta moitos anoiteceres na ponte vella a reparti-lo ben da súa santidade en tódolos que pasan. |
|