![]() |
| |
Unha rúa nun porto lonxano do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de tódalas castes do mundo, cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo...
0 mariñeiro que fala francés e mailo mariñeiro que fala inglés entran minha taberna servida por un home gordo. Queren perde-lo sentido xuntos para seren máis amigos. ¡Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse! E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comenza a cantar:
0 mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ó compañeiro e comenza tamén a cantar:
i¡A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos. 0 taberneiro, gordo coma una ilamengo de caste, veu saí-los dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana vermella escorregaron as hágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:
Tamén o tabemeiro era galego. |
|