![]() |
| |
Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras.
-¡Malpocadiña! Chámanlle a "tola do monte". Era unha rapaza ben asisada e bonita como un sol, e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e, dispois de perde-lo xuício, tívolle un fillo, e contan que foi do demo... Por riba da tola do monte voaba un miñato. |
|