Categorías

Biografía de Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoAlfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista.

Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para adicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galiza.

A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no periodismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido ca defensa da autonomía para Galiza e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica.

Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.