Dous vellos que tamén tiveron mocedade

Dous vellos que tamén tiveron mocedadeDous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron arnándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xilgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.

Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.

Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro:

— ¡Deica logo, Eleuteiro!

E os veciños que acudiran ó espeutáculo taparónse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o “deica logo Eleuterio” xa se convirteu en motivo de risa.

Todos, todos, se riron e ninguén se decata con que delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno

Unha reflexión sobre “Dous vellos que tamén tiveron mocedade

  1. Pingback: Aula de Literatura » Blog para a aula de Literatura Galega en secundaria. » CASTELAO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *