No mar había un afogado e a vila mariñeira ensumírase no silenzo e na tristura.
Amairana o vento, acougara o mar, trunfara o sol no ceo. E a vila non acordaba nin quencía, como se aínda fose noite, coma se as xentes mariñeiras fefusasen as regalías de Deus. A luz do día embazada polas angurias da traxedia.
No mar encalmado ían e viñan os barcos en procura do corpo de Ramón. Na eirexa da vila unha muller e un rapaciño choraban diante do Cristo miragreiro.
Eisí decorreron oito días no silenzo e na tristura.
E unha mañán atracou ó peirán da ribeira o barco que portaba o corpo de Ramón.
A vila chorou de xeito arrepiante e con mostras de fondo door soterraron no adro da eirexa o corpo do afogado.
E cando Ramón ficou na compaña de tódolos mortos da feligresía, a vila alentou forte, reviveu con esperanza, e as xentes volveron a cantar no se traballo cotián.
A terra non quer perde-lo corpo de que nos empresta e os mariñeiros tamén obedecen ós seus mandados porque tamén son de terra. Se eisí non fose, ¡que mellor leito para un mariñeiro que o fondo do mar!