Nunha eirexa da montaña

Nunha eirexa da montaña - Cousas de CastelaoNunha eirexa da montaña eu vin unha cabeira de cristán facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frontal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses.

Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán.

Agora eu vou contarvos unha cousa. 

Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade, aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xustiza do noso mundo.

O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubou, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na “silla turca” do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo.

Arrepía de pensar en tanta door. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre.

Eu seino porque…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *