Camiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.
Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”.


Todos cantos sabían algo da hestoria da vila en que eu nacín, xa repousan debaixo dos terróns.


Aínda está no areal a osamenta do barco, como unha espiña de peixe xigante cuspida polo mar.