Categorías
Cousas

Camiño esquecido

Camiño esquecido - Cousas de CastelaoCamiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.

Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”. 

Categorías
Cousas

Na noite da derradeira novena de difuntos

Na noite da derradeira novena de difuntos - Cousas de CastelaoNa noite da derradeira novena de difuntos a eirexa estaba inzada de medos.

En cada vela escentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban os rapaces e facíanlles carantoñas.

Cada luz que o sancristán mataba era unha ánima acesa que se desfacía en fíos de fume e todos sentíamo-lo bafo das ánimas en cada vela que morría.

Categorías
Cousas

Todos cantos sabían algo da hestoria da vila

Todos cantos sabían algo da hestoria da vila - Cousas de CastelaoTodos cantos sabían algo da hestoria da vila en que eu nacín, xa repousan debaixo dos terróns.

A siña Sinforosa era unha velliña que tódolos días pasaba o mar porque era mandadeira de oficio, como xa fora súa nai súa avoa e cicais tódalas súas devanceiras, dendes que os da banda de acá tiveron comercio cos da banda de alá. Era honrada ou parecía selo pois vivía do seu creto de muller de ben. Engaioleira e faladora con todos, tiña sempre, para a xente fidalga, un caravel na súa boca chuchada. A siña Sinforosa sabía tódalas traxedias do mar naquela travesía. 

Categorías
Cousas

Aínda eu era médico rural

Aínda eu era médico rural - Cousas de Castelao Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras.

No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba de par do meu cabalo contoume:

— ¡Malpocadiña! Chámanlle a “tola do monte”. Era unha rapaza ben asisada e bonita como un sol, e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e, dispois de perde-lo xuício, tívolle un fillo, e contan que foi do demo…

Por riba da tola do monte voaba un miñato.

Categorías
Cousas

No escuro caletre de Martiño

No escuro caletre de Martiño - Cousas de CastelaoNo escuro caletre de Martiño - Cousas de CastelaoNo escuro caletre de Martiño buleu sempre un verme de luz. Martiño arelaba ser dono do campanario da eirexa.

Criouse ó rabo do sancristán para gana-la súa vountade e medrando, medrando, chegou a sineiro porque Martiño era parvo e dáballe por tangue-las campás.

Nos primeiros, Martiño escorrentaba rapaces. Despois a porta do campanario, decote aberta, apareceu cun tarabelo. De a pouco Martiño púxolle un ferrollo e meteuse dentro.

Categorías
Cousas

Cando eu era rapaz

I

Cando en era rapaz chegou Ramón Carballo; viña con chaqueta de tarazona forrada de baeta vemella e unha gorra con visera de carei, como veñen os que van a navegar. Tamén traía o peito tatuado, que ben lle mirei eu un paxaro cunha carta no peteiro e o seu nome debaixo.

Lémbrome que Ramón Carballo foi a Bos Aires e volveu sen cartos. Logo foi á Habana e non trouxo diñeiro. Despois foi a New York e volveu tan probe corno fora. Ramón Carballo aínda foi a non se sabe ónde e non volveu máis.

Categorías
Cousas

Na “cova dos carcamáns”

Na cova dos carcamáns - Cousas de CastelaoNa “cova dos carcarnáns” vive —según contan— unha dona encantada que vén a peitearse de mañán cedo nas pedras da beiramar, i eu gustaba de ir mata-lo tempo naquela medoñenta soedade, agardando que calquera día aparecese diante dos meus ollos a fremosura que tantos mariñeiros ollaran. I en axexo da dona encantada pasei días e días sentado no curuto da mesma pedra.

Fun esquecéndome do encanto e afíxenme á soedade medoñenta e ó bruído das ondas do mar. Aínda levo nos ouvidos o son das ondas que escachaban nas pedras e a resposta que facían no fondo da “cova dos carcarnáns”.

Os meus ollos poucas veces esculcaban nas lonxanías: pousábanse mellor no fondo das augas, onde eu podía avista-lo mundo que criou mitos no maxín popular. 

Categorías
Cousas

Aínda está no areal

Aínda está no areal - Cousas de CastelaoAínda está no areal a osamenta do barco, como unha espiña de peixe xigante cuspida polo mar.

Cando non había tanto progreso, os nenos enredaban con barquiños de cortiza afacéndose a seren mariñeiros, e cando chegaban a vellos, enredaban cun barco verdadeiro para non decatarse da súa inutilidade.

Categorías
Cousas

O “Rifante”

O Rifante - Cousas de CastelaoO “Rifante” era un mariñeiro que ganaba pesos que na súa bulsa gardábanse talmente como auga nunha peneira. En terra o Rifante non tiña caletre ningún; en canto ponía pé no seu barco, trocábase nun sabio. Tiña moitos fillos e moitos netos e todos a gastar a barullo porque o mar daba para todo.

Ninguén lle negou o creto de bo patrón e de bo cristiano que tiña; mais ás veces parecía ter tratos co demo. Habían de larga-lo aparello outros mariñeiros e non habían de coller ren; chegaba o “Rifante” e collía unha fartura de peixe.