Cando Bieito quedou orfo de pai e nai, chegou das Américas un parente e levouno consigo.
Na víspera de emprende-lo viaxe, colleu o camiño do monte e alá enriba, no curuto de todo, deixou ben agachado un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doce anos.
Dispois, nas pampas arxentinas, apurráronlle tódolos cans, cando aínda non sabía gobernarse na soedade dos campos se camiños. E moito padeceu para deprender a encararse con homes, rillando as ganas de chorar…