Categorías
Cousas

Aínda eu era médico rural

Aínda eu era médico rural - Cousas de Castelao Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras.

No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba de par do meu cabalo contoume:

— ¡Malpocadiña! Chámanlle a “tola do monte”. Era unha rapaza ben asisada e bonita como un sol, e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e, dispois de perde-lo xuício, tívolle un fillo, e contan que foi do demo…

Por riba da tola do monte voaba un miñato.

Categorías
Cousas

Eu non teño mágoa do picariño

Eu non teño mágoa do picariño - Cousas de CastelaoEu non teño mágoa do picariño que mira con ollos encalmados de boi cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu non teño door do picariño que non corre detrás dos autornóbiles. Fame que pase o picariño, sempre será feliz.

Eu teño mágoa do rapaz que sinte formigueiros nos pés cando os automóbiles pasan pola súa porta. Eu teño door do pícaro que corre detrás dos automóbiles. Os rapaces inquedos que andan probando as súas forzas en tódalas máquinas non encherán os seus anceios de felicidade.

Os rapaces da miña terra corren sempre detrás dos automóbiles

Categorías
Cousas

Vou contarvos un conto triste

Vou contarvos un conto triste

A pouco de casar, doña Micaela comenzou a facer camisirías; mais a súa ilusión abateuse de súpeto e con bágoas nos ollos meteu nun frasco de augardente o froito merado dos seus amores.

Doña Micaela escribeu nun papeliño: “Adolfo, 12 de maio de 1887”. Pegou o papeliño no frasco e, dispois de bicalo tristemente, gardouno no armario das sabáns de liño.

Non vos riades, porque o conto é triste.

Categorías
Cousas

A ponte vella

A ponte vella - Cousas de CastelaoA ponte vella xa non rexe cos amores e as traxedias que leva no lombo e calquera día amañece afundida.

Se a ponte vella falase, atestiguar podía o que vou contarvos:

Era unha rapaza branca e bonita como unha filla de rei. Pola súa endebleza e o seu porte fidalgo fixérona costureira e tódolos anoiteceres pasaba pola ponte vella e cruzábase sempore co estudante de crego.

Categorías
Cousas

No escuro caletre de Martiño

No escuro caletre de Martiño - Cousas de CastelaoNo escuro caletre de Martiño - Cousas de CastelaoNo escuro caletre de Martiño buleu sempre un verme de luz. Martiño arelaba ser dono do campanario da eirexa.

Criouse ó rabo do sancristán para gana-la súa vountade e medrando, medrando, chegou a sineiro porque Martiño era parvo e dáballe por tangue-las campás.

Nos primeiros, Martiño escorrentaba rapaces. Despois a porta do campanario, decote aberta, apareceu cun tarabelo. De a pouco Martiño púxolle un ferrollo e meteuse dentro.

Categorías
Cousas

Cando eu era rapaz

I

Cando en era rapaz chegou Ramón Carballo; viña con chaqueta de tarazona forrada de baeta vemella e unha gorra con visera de carei, como veñen os que van a navegar. Tamén traía o peito tatuado, que ben lle mirei eu un paxaro cunha carta no peteiro e o seu nome debaixo.

Lémbrome que Ramón Carballo foi a Bos Aires e volveu sen cartos. Logo foi á Habana e non trouxo diñeiro. Despois foi a New York e volveu tan probe corno fora. Ramón Carballo aínda foi a non se sabe ónde e non volveu máis.

Categorías
Cousas

Na “cova dos carcamáns”

Na cova dos carcamáns - Cousas de CastelaoNa “cova dos carcarnáns” vive —según contan— unha dona encantada que vén a peitearse de mañán cedo nas pedras da beiramar, i eu gustaba de ir mata-lo tempo naquela medoñenta soedade, agardando que calquera día aparecese diante dos meus ollos a fremosura que tantos mariñeiros ollaran. I en axexo da dona encantada pasei días e días sentado no curuto da mesma pedra.

Fun esquecéndome do encanto e afíxenme á soedade medoñenta e ó bruído das ondas do mar. Aínda levo nos ouvidos o son das ondas que escachaban nas pedras e a resposta que facían no fondo da “cova dos carcarnáns”.

Os meus ollos poucas veces esculcaban nas lonxanías: pousábanse mellor no fondo das augas, onde eu podía avista-lo mundo que criou mitos no maxín popular. 

Categorías
Cousas

Aínda está no areal

Aínda está no areal - Cousas de CastelaoAínda está no areal a osamenta do barco, como unha espiña de peixe xigante cuspida polo mar.

Cando non había tanto progreso, os nenos enredaban con barquiños de cortiza afacéndose a seren mariñeiros, e cando chegaban a vellos, enredaban cun barco verdadeiro para non decatarse da súa inutilidade.

Categorías
Cousas

Dous vellos que tamén tiveron mocedade

Dous vellos que tamén tiveron mocedadeDous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron arnándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xilgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.

Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.

Categorías
Cousas

Aínda eu non nascera

Aínda eu non nascera - Cousas de CastelaoAínda eu non nascera e miña nai era pequena.

Na bocanoite dun día morno de abril as xentes da miña vila ollaron unha raiola de luz que viña do mar, batendo no campanario da eirexa como unha raiola de sol colada por unha fenda das nubes; pero non era de sol nin de luar nin de cousa semellante. Aquilo era unha luz de lóstregos, botada por un ollo vixiante, que cachea algo, deténdose de tempo en tempo no campanario da eirexa para sabe-la hora e seguir dispois traballando.