Categorías
Cousas

Cando Bieito quedou orfo

Cando Bieito quedou orfo - Cousas de CastelaoCando Bieito quedou orfo de pai e nai, chegou das Américas un parente e levouno consigo.

Na víspera de emprende-lo viaxe, colleu o camiño do monte e alá enriba, no curuto de todo, deixou ben agachado un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doce anos.

Dispois, nas pampas arxentinas, apurráronlle tódolos cans, cando aínda non sabía gobernarse na soedade dos campos se camiños. E moito padeceu para deprender a encararse con homes, rillando as ganas de chorar… 

Categorías
Cousas

Romualdo era un home “fino”

Romualdo era un home "fino" - Cousas de CastelaoRomualdo era un home “fino”. Polas súas maneiras xeitosas conqueriu creto de home ben enseñado, anque as súas cortesías co chapeu na man non tiñan certamente o cuño da fidalguía enxebre. A Romualdo, tan mixiriqueiro, tan fricoleiro, non lle acaía un oficio de traballo, e dispois de chorarse moito logrou meter cabeza no xuzgado municipal, onde viveu esborranchando papel, deica o día do seu pasamento. Romualdo ademais de escribente era un gran catador de viño, calidade que lle deixara o seu pai en herdo.

No beber era como no escribir: moitos groliños de viño enviados de xeito melindroso, letriña miúda con rabiños enribirichados. Tan “fino” no xuzgado coma na taberna. Romualdo emborrachábase moitas veces; pero endexamais esgallou as pernas. Canto máis viño levase a bordo máis cortesías facía. 

Categorías
Cousas

Chegou das Américas un home rico

Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo… O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose moxo comprido, se máis chatas que a súa coor… Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, cun caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas. 

Categorías
Cousas

A carón da natureza

É no intre en que a terra, para se durmir, vaille virando as costas á luz e o fume das tellas, mesto e leitoso, vaise erparexendo no fondo do val. Non é cousa de outro mundo pinta-lo que ven os ollos, que serán comestos polos vermes; pero na paisaxe hai máis cousas que fitar, pois naque muíño cantareiro, dous namorados danse o primeiro bico e naquel pazo do castiñeiro seco ouvean os cans.

Dende o adro dunha eirexa ollámo-lo val afundido na choiva. A iauga qeu cai a fío aplaca o fume azul contra as tellas brilantes dunha chouza. Os camiños están cubertos de lama e un vendedor de cobertores pasa cabaleiro na súa besta ferrada. Velaí o cadro dun pintor; pero aínda hai máis na paisaxe, pois tocan a morto no campanario da eirexa e o son é tan amargurado coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adeviñamos en cal casa do lugar hai desgracia porque todas, todas, están tristes. 

Categorías
Cousas

O pai de Migueliño

O pai de Migueliño - Cousas de CastelaoO pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botóulle unha ollada ó retrato.

Os “americanos” xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistóuno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sintéu por il un grande amor e canto máis se achegaba o “americano”, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o “americano” pasóu de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. 

Categorías
Cousas

Era un barbeiro de sábado

Barbeiro de sábado - Cousas de CastelaoEra un barbeiro de sábado que amaba os libros que non entendía e gustaba de lelos todos enteiros.

Unha vez topeino coa testa pousada nas mans, ó xeito dun pensador, e díxome:

— Estou profundando.

E dende entón, para min, hai homes que “profundan”. 

Categorías
Cousas

O alquilador

O alquilador - Cousas de CastelaoO alquilador non ten máis bens que un faco, unha albarda e unha corte, e ninguén adeviña como pode mante-lo faco. Cando reparo na besta do alquilador, na probe besta de todos, lémbrome dunha gaivota desplumada. Aquel animaliño, a pique de dexenerar en burro, trenquelea porla beira dos camiños, a rente das silveiras, e quen faga unha viaxe, cabaleiro en tal besta ferrada, seguirá dispois a pé o resto da súa vida. 

Categorías
Cousas

Camiño esquecido

Camiño esquecido - Cousas de CastelaoCamiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.

Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde vai da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”. 

Categorías
Cousas

Na noite da derradeira novena de difuntos

Na noite da derradeira novena de difuntos - Cousas de CastelaoNa noite da derradeira novena de difuntos a eirexa estaba inzada de medos.

En cada vela escentilaba unha ánima e as ánimas que non cabían nas velas acesas acochábanse nos currunchos sombrizos e dende alí fitaban os rapaces e facíanlles carantoñas.

Cada luz que o sancristán mataba era unha ánima acesa que se desfacía en fíos de fume e todos sentíamo-lo bafo das ánimas en cada vela que morría.

Categorías
Cousas

Todos cantos sabían algo da hestoria da vila

Todos cantos sabían algo da hestoria da vila - Cousas de CastelaoTodos cantos sabían algo da hestoria da vila en que eu nacín, xa repousan debaixo dos terróns.

A siña Sinforosa era unha velliña que tódolos días pasaba o mar porque era mandadeira de oficio, como xa fora súa nai súa avoa e cicais tódalas súas devanceiras, dendes que os da banda de acá tiveron comercio cos da banda de alá. Era honrada ou parecía selo pois vivía do seu creto de muller de ben. Engaioleira e faladora con todos, tiña sempre, para a xente fidalga, un caravel na súa boca chuchada. A siña Sinforosa sabía tódalas traxedias do mar naquela travesía.